jueves, 7 de julio de 2011

felicesemptyvacacions


Como titora de 4º de Primaria dou por rematado un ciclo no que os alumnos/as fixeron posible a posta en marcha  deste blog e o bó funcionamento do mesmo ao longo do seu pequeno percorrido.Tamén quero dar as grazas  a aqueles seguidores que nos axudaron a manter a ilusión por seguir traballando. A todos lles desexo unhas felices vacacións. Esperámosvos o vindeiro curso no mesmo blog pero cun novo alumnado, os de 3º,  que continuarán a mesma labor e de seguro que o farán moi ben.
  Un saudo.
 

BRAINNOOK


Tratase dun mundo virtual creado para o público infantil (de 6 a 11 anos), que permite desenvolver habilidades matemáticas ao mesmo tempo que perfecciona a ensinanza do idioma inglés entre os mais pequenos.
Con centos de xogos gratuitos dispoñibles, todos entorno á matemática e o idioma inglés, dispón de ferramentas que permiten a competición entre os usuarios, todo isto co control dos pais/nais, que tendes unha sección no portal dedicado a eles.
No mundo virtual un extraterrestre cae no  planeta Terra e ten que gañar estrelas por todo o mundo para poder adquirir as pezas necesarias para a súa nave.