Queridas familias:
Por terceiro ano voltan as nosas mochilas a viaxar polos vosos fogares, cunha selección de libros, películas e música para toda a familia que esperamos se aproxime ós vosos intereses.
Podedes telas na casa durante unha semana logo outras familias disfrutarán co préstamo.
Pedimos a vosa importantísima colaboración nesta actividade: contándolles os contos ós máis pequenos, axudándolles no seu correcto coidado e manipulación (de igual xeito que o fan no cole), escoitando as músicas con eles e devolvéndoas na data indicada na propia mochila.
Facédenos saber calquera dificultade ou defecto dos materiais entregados.
Puxemos as nosas mellores intencións na selección, e por iso gustaríanos moito que anotarades as vosas impresións e suxestións, si vos gustaron os libros, si botastes algún en falta….
A DISFRUTAR!
SAÚDOS E LIBROS.
Agora podedes ver nesta imaxe o contentos que estaban coa primeira viaxe da mochila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario