Os alumnos e alumnas de 3º de EP adicamos esta semana a hora de ler á lectura dun conto titulado MARTA DÍ ¡NON!”, logo debatemos e expuxemos as nosas ideas acerca do conto, recordamos cando nos deron un bico ou unha caricia que nos gustou e tamén cando NON nos gustou; explicamos estas situacións e fixemos un debuxo que a representara. Os nosos traballos están expostos no corredor de Primaria nun mural que axudamos todos a facer. Ante os escaneamos e fixemos o libro dixital.
Ao rematar novembro plastificaremos os traballos e faremos un libro que doaremos aos fondos da nosa biblioteca.
(O conto ensina a distinguir as sensacións cómodas e agradables das que non o son e trata de contribuír ao desenvolvemento das propias percepcións e sentimentos, insistindo na posibilidade de dicir “NON”).
O noso pequeno homenaxe a todas as mulleres que non souberon didir ¡NON!
Marta Di ¡Non!
No hay comentarios:
Publicar un comentario