miércoles, 12 de septiembre de 2012

ATA SEMPRE

Despois de 36 anos exercendo como mestra no C. P. I. de Panxón, hoxe día 12 de setembro dou por rematada a etapa da miña vida adicada ao ensino, ao que máis me gusta, e na que aínda que  se pasan momentos de todo tipo, eu quédome con aqueles que me deixaron un pouso grato, fermoso e cheo de satisfacións persoais.
Disfrutei ensinando da mellor maneira que sabía e aprendendo, por que non dicilo, dos alumnos recollin dende a súa inocencia, sabiduría, cariño e ensináronme a ser mellor persoa.
Ao longo dos anos existiu sempre unha reciprocidade mestre-alumno e voume con esa añoranza que, non cabe lugar a dúbidas, sentirei moito tempo, quizás sempre.
Dende este intre dou comezo a unha nova etapa da que penso disfrutar a tope; a adicada a miña familia que tanto quero e que ao longo dos anos souberon compartir a miña profesión sempre e en cada momento.
Quero dar as grazas a todos os alumnos aos que lles din clase porque sempre se esforzaron por mellorar, tanto académicamente como no aspecto social, síntome satisfeita. Aos pais  que souberon responder ás miñas chamadas e  dos que maioritariamente tiven  unha boa resposta en benificio dos seus fillos.
Por último aos meus compañeiros e demáis persoal do colexio, grazas por todo, e perdón  se nalgún momento non souben estar á altura das circunstancias.
Isto non é unha despedida é un ata sempre. GRAZAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario