Despois de 36 anos exercendo como mestra no C. P. I. de Panxón, hoxe día 12 de setembro dou por rematada a etapa da miña vida adicada ao ensino, ao que máis me gusta, e na que aínda que se pasan momentos de todo tipo, eu quédome con aqueles que me deixaron un pouso grato, fermoso e cheo de satisfacións persoais.
Disfrutei ensinando da mellor maneira que sabía e aprendendo, por que non dicilo, dos alumnos recollin dende a súa inocencia, sabiduría, cariño e ensináronme a ser mellor persoa.
Ao longo dos anos existiu sempre unha reciprocidade mestre-alumno e voume con esa añoranza que, non cabe lugar a dúbidas, sentirei moito tempo, quizás sempre.
Dende este intre dou comezo a unha nova etapa da que penso disfrutar a tope; a adicada a miña familia que tanto quero e que ao longo dos anos souberon compartir a miña profesión sempre e en cada momento.
Quero dar as grazas a todos os alumnos aos que lles din clase porque sempre se esforzaron por mellorar, tanto académicamente como no aspecto social, síntome satisfeita. Aos pais que souberon responder ás miñas chamadas e dos que maioritariamente tiven unha boa resposta en benificio dos seus fillos.
Por último aos meus compañeiros e demáis persoal do colexio, grazas por todo, e perdón se nalgún momento non souben estar á altura das circunstancias.
Isto non é unha despedida é un ata sempre. GRAZAS.
miércoles, 12 de septiembre de 2012
miércoles, 20 de junio de 2012
ACTIVIDADES PARA DESFRUTAR UN VERÁN OLÍMPICO
Como cada ano o Portal de la Junta de Castilla – León ofrecenos a súa proposta educativa estival.
Ademáis de atopar novas aplicacións, encontrarás unha selección dos mellores xogos publicados en anos anteriores. O resultado é un entorno divertido, variado e educativo que te servirá para pasalo ben, entreterte, repasar e aprender.
¡FELICES VACACIÓNS¡¡¡¡¡
XOGANDO COAS MATEMÁTICAS
Estes últimos días estamos a repasar todo o que demos ao longo do curso, pero sempre nos queda tempo para xogar coas matemáticas e podemos comprobar que desta maneira tan divertida reforzamos o aprendido.
Fixemos as figuras planas recortadas en cartulina, pero moito máis divertido foi facer un mural das figuras nunha tea. Para iso estivemos uns días gardando as virutillas de afiar as ceras e con elas e unha prancha eléctrica quedáronnos moi orixinais.
Despois de observar os distintos corpos xeométricos, estudar as súas partes e recordar os nomes de cada un, fixemos o desenrolo de cada figura.
E xa para rematar estamos a pelexarnos co "TANGRÁN". Utlizando as figuras planas temos que lograr construir outras figuras, esto si que é dificil, pero, " o que a sigue a consigue" e nós non desistimos e algo imos logrando.
EXPERIMENTOS
O día 15 de xuño estivemos a experimentar en Coñecemento do Medio.
Nun envase redondo que nalgún momento foi unha peixeira de cando outros alumnos tiñan peixes na clase, nos empregámola para comprobar que sen non hai osixeno non se produce combustión.
O experimento consistiu en meter dentro unha vela, prenderlle lume, pechar herméticamente o envase para que non entrara o aire e esperar a que se esgotara o osíxeno e como consecuencia desto se apágase a vela, algo que ocorreu tras pasar uns minutos.
EXPERIMENTO CONSEGUIDO E TODOS SATISFEITOS
martes, 19 de junio de 2012
HORA DE LER
Rematou o curso e con el a "HORA DE LER", durante a que os alumnos/as de 3º EP puideron disfrutar de distintas lecturas que ao longo de cada trimestre fomos variando dentro das "cestas lectoras". Como final fixeron un caderno no que recopilaron as fichas de cada libro, uns alumnos máis ca outros, de feito fixeron comparacións para saber quen lera máis.
De todas maneiras aquí non remata todo, hai que seguir disfrutando dos libros durante as vacacións, buscando sempre un momento de cada día para adicarllo á lectura, "dela aprendemos e se aprendemmos prosperamos", esta reflexión fixoa unha alumna (Laura Chamorro Ferreira 3º EP) na portada do caderno e paréceme un pensamento interesante, que non debía pasar por alto.
Un exemplo do traballo pódese ver nestas fotografías.
jueves, 14 de junio de 2012
DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS: Limpando a praia
Coincidindo có día mundial dos océanos, o 8 de xuño, os alumno/as de 2º e 3º de E.P. participaron na limpeza de praias
Ás 10:30 esperábannos no porto de Panxón monitores que tras comentarlles a importancia de coidar o medioambiente e explicarlles con carteis os anos que tardan algúns materiais en destruirse, entregáronlles luvas e bolsas de plástico, unha para cada material : papel, plasticos, orgánicos e cristal
Divididos en grupos de sete alumnos/as por monitor deu comezo a actividade, pola que mostraron moito entusiasmo.
Poideron percatarse con asombro da cantidade de porquería que ían atopando ao longo a praia, coma unha roda dun camión e outra dun coche, preguntándose como chegaran ata ese lugar. Tamén atoparon redes, anzós, roupa, botellas, etc. Tanto as rodas coma algún plástico grande acabaron coas súas forzas porque estaban tan enterrados na area que se resistiron a sair pese ao empeño que puxeron.
Coñeceron algunha variedade de algas, así coma a súa cor e textura.
Despois de duas horas aproximadamente voltaron ao colexio satisfeitos pola labor que fixeran, eso si con moitas ganas de tomar o bocadillo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)