Coincidindo có día mundial dos océanos, o 8 de xuño, os alumno/as de 2º e 3º de E.P. participaron na limpeza de praias
Ás 10:30 esperábannos no porto de Panxón monitores que tras comentarlles a importancia de coidar o medioambiente e explicarlles con carteis os anos que tardan algúns materiais en destruirse, entregáronlles luvas e bolsas de plástico, unha para cada material : papel, plasticos, orgánicos e cristal
Divididos en grupos de sete alumnos/as por monitor deu comezo a actividade, pola que mostraron moito entusiasmo.
Poideron percatarse con asombro da cantidade de porquería que ían atopando ao longo a praia, coma unha roda dun camión e outra dun coche, preguntándose como chegaran ata ese lugar. Tamén atoparon redes, anzós, roupa, botellas, etc. Tanto as rodas coma algún plástico grande acabaron coas súas forzas porque estaban tan enterrados na area que se resistiron a sair pese ao empeño que puxeron.
Coñeceron algunha variedade de algas, así coma a súa cor e textura.
Despois de duas horas aproximadamente voltaron ao colexio satisfeitos pola labor que fixeran, eso si con moitas ganas de tomar o bocadillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario