martes, 29 de mayo de 2012

COMO ESCRIBIR UN CONTO ?

Xa o levamos traballando na clase dende hai tempo, mais como o verán se está acercando e ao mellor nalgún intre sentídesvos inspirados, non quixera que desaproveitárades a oportunidade de seguir creando os vosos contos no caderno que tedes para eles neses días de  fastío  que xurden de vez en cando.  
Só quero recordarvos o que necesitades para levalo a cabo. Aí vai a receita.

INGREDIENTES
  • Ilusión                                                
  • Soños
  • Fantasía
  • Imaxinación
  • Palabras
  • Signos de puntuación. Ortografía
UTENSILIOS
  • Follas blancas ou de cores
  • Lapis afiado
  • Goma
  • Cores
PREPARACIÓN
  1. Pensa sobre o que vas a escribir
  2. Reflexiona sobre quen van a ser as personaxes
  3. Van a ser de:
                   -Humor
                   -Medo ou misterio
                   -Aventuras
                   -Animáis máxicos.
                   -Bestias, moustros, etc.

INTRODUCCIÓN
  • Onde terá lugar a historia?
  • En que época?
  • Quen son as personaxes?
NUDO
  • O protagonista ten que superar algunha dificultade.
  • Contar o que está pasando.
DESENLACE
  • Resolver as situacións que se van creando.
  • Pensar un final feliz ou que non acabe demasiado ben.
  • Contar como lle foi as personaxes
DIBUJO
  • Pode ser un só debuxo ao remate do conto.
  • Podes ir introducindo os debuxos ao longo do conto, despois de cada párrafo.

miércoles, 9 de mayo de 2012

FELIZ DÍA MAMÁ!!!

Os alumnos/as de 3º EP fixerónlle un fermoso agasallo ás súas nais, unha carpeta para gardar documentos, todo con material reciclado. Xa se fixo noutras ocasións, pero este ano con máis motivo por estar dentro dun proxecto que nos ensina a ser moi coidadosos co medioambente e saber reciclar todo tipo de material. Felicito aos alumnos/as polo ben que o fixeron e ás nais nun día tan especial.
 Como nos parece que é un agasallo útil e rápido de facer, queremos amosarvos con fotos como foi o proceso de elavoración e o seu remate. Primeiramente direivos o material que utilizamos e os pasos a seguir. 
MATERIÁIS: 
  • Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un.
  • Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar. 
  • Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista.
  • 32cm de cinta de carrocero.
  • Un trozo de goma. 
  • Cola blanca. 
PASOS A SEGUIR:
  1.  Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente.
  2.  Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro. 
  3.  Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista.
  4.  Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta 
  5.  E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter.
  6. ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas. 
  7. Como remate só queda estucar as letras.

domingo, 6 de mayo de 2012

TÍRALLE DA LINGUA

Sete alumnos/as de 3º de Primaria participaron o día 27 de abril en "TÍRALLE DA LINGUA" xunto con outros alumnos/as de 6º de EP  e  de Secundaria, cada curso coas súas  respetivas historias. Eles escenificaron o conto titulado:  " COIDANDO Á TERRA" , inventado por un dos participantes dentro do proxecto de Centro: Enerxias Sostibles.
Inda que non conseguiron ningún premio, para eles foi unha boa experiencia ir a Santigo, e non por elo deixarán de seguir traballando con ilusión  para  poder participar en futuros proxectos.
Por todo esto quero felicitar a todos os participantes do colexio,  en especial aos máis pequenos, os de 3º: Pedro, Sheila, Alejandra, Ainhoa, Bárbara ,Laura e Denís.