miércoles, 9 de mayo de 2012

FELIZ DÍA MAMÁ!!!

Os alumnos/as de 3º EP fixerónlle un fermoso agasallo ás súas nais, unha carpeta para gardar documentos, todo con material reciclado. Xa se fixo noutras ocasións, pero este ano con máis motivo por estar dentro dun proxecto que nos ensina a ser moi coidadosos co medioambente e saber reciclar todo tipo de material. Felicito aos alumnos/as polo ben que o fixeron e ás nais nun día tan especial.
 Como nos parece que é un agasallo útil e rápido de facer, queremos amosarvos con fotos como foi o proceso de elavoración e o seu remate. Primeiramente direivos o material que utilizamos e os pasos a seguir. 
MATERIÁIS: 
  • Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un.
  • Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar. 
  • Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista.
  • 32cm de cinta de carrocero.
  • Un trozo de goma. 
  • Cola blanca. 
PASOS A SEGUIR:
  1.  Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente.
  2.  Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro. 
  3.  Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista.
  4.  Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta 
  5.  E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter.
  6. ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas. 
  7. Como remate só queda estucar as letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario