Sete alumnos/as de 3º de Primaria participaron o día 27 de abril en "TÍRALLE DA LINGUA" xunto con outros alumnos/as de 6º de EP e de Secundaria, cada curso coas súas respetivas historias. Eles escenificaron o conto titulado: " COIDANDO Á TERRA" , inventado por un dos participantes dentro do proxecto de Centro: Enerxias Sostibles.
Inda que non conseguiron ningún premio, para eles foi unha boa experiencia ir a Santigo, e non por elo deixarán de seguir traballando con ilusión para poder participar en futuros proxectos.
Por todo esto quero felicitar a todos os participantes do colexio, en especial aos máis pequenos, os de 3º: Pedro, Sheila, Alejandra, Ainhoa, Bárbara ,Laura e Denís.
No hay comentarios:
Publicar un comentario