martes, 5 de junio de 2012

KAMISHIBAI

Este curso os alumnos/as de 3º E.P. estamos a traballar por 1ª vez co kamishibai. Trátase dun teatrillo  tradicional  xaponés, (significa "teatro de papel") que se usa para contar historias aos nenos e nenas.
Consiste nunhas láminas que por unha cara teñen o texto que vai lendo o narrador (neste caso o alumno/a que inventou o conto) e pola outra cara están os debuxos  que  indican o que sucede  ao longo da historia e que se van mostrando aos ointes ao mesmo tempo que se fai o relato.
Como profesora  destes alumno/as considero, e este curso puídeno comprobar, que serve de axuda para despertar  neles a imaxinación, a fantasía, a creatividade, incluso unha certa competividade por crear os mellores contos e logo contalos aos seus propios compañeiros e incluso aos alumnos doutros cursos.
Tamen fomenta o gusto pola lectura e a escritura.
Unha mostra do que vos estou contando é esta primeira historia, que a autora relatou  primeiro aos seus compañeiros e logo a todo o alumnado de primaria na biblioteca, aproveitando a celebración do día do libro.
Paso a explicarvos de maneira detallada  o proceso empezando polo título que o primeiro que os ointes ven nada máis abrir o kamishibai e logo os párrafos numerados que corresponden a cada debuxo.

                                              UN TROTAMUNDOS SOÑADOR


Debuxo 1- Un día de moita choiva,  mentres  esta caía do ceo facendo un son relaxante, un neno chamado Xavi que miraba pola  fiestra da súa habitación pensaba en ir  xogar ao balón ao xardín, máis non podía.

Debuxo 2- Xavi, tumbouse na súa cama e pensaba a que podía xogar dentro da casa para non aburrirse, poque Xavi non era un neno aburido.
Entón  tivo unha idea, pechar os ollos e soñar, soñar e soñar.
El sempre soñaba con cousas extraordinarias e divertidas, máis hoxe parecía que non tiña cerebro, non se lle ocurría nada no que soñar.

Debuxo 3- Tivo que concentarse moito e soñou que estaba en Paris, que ía estido cunha boina, un longo abrigo de cor canela, con bufanda vermella, pantalóns azúis, uns zapatos negros e un xersei de lá marrón.

Debuxo 4- Tamén se imaxinaba que dende lonxe estaba a sacar fotos a alta e fermosa Torre Eiffel e que pouco a pouco se estaba achegando a ela.

Debuxo 5-  Cando chegou preto da Torre Eiffel soñou que se atopaba cun piloto e que a Xavi o invitaba a subir ao seu avión
.
Debuxo 6- Xavi montou e soñaba que ía camiño da India, vestido cunha camisa branca, uns pantalóns vermellos, unha chaqueta marrón, vermella e verde, uns zapatos marróns e unha pequena pluma no pelo.

Debuxo 7- Viu unha tenda de campaña e deu un paso, abriuna e atopouse cunha nena con dous paos intentando facer o lume.
 A nena ao velo preguntoulle cunha voz  baixiña como se chamaba, o neno respondeulle co seu nome e despois ela díxolle que se chamaba Xara.

Debuxo 8- Pasaron un cachiño xuntos, ata o anoitecer. Entón Xara convidouna a cear coa súa familia.

Debuxo 9- Pasado un tempo apareceu un avión, Xavi despidiuse de Xara e da súa familia e voltou á súa casa.

                                                                       FIN


CRÉDITOS


ALUMNA: Ainhoa Centeno Prado

CURSO: 3º de E.P

COLEXIO: C.P.I. de Panxón

LUGAR: Nigrán

PROVINCIA: Pontevedra




No hay comentarios:

Publicar un comentario