Coincidindo co estudio do tema sobre as plantas dento da programación do curso, hai uns días os alumnos de 3º fixemos o obradoiro da horta aromática, plantamos sementes de cebollino e de albahaca. Tamén fixemos sales de baño que nos deixaron a aula chea dun agradable aroma.
Pásamolo moi ben, foi toda unha experincia descubrir con que facilidade se conseguen unhas sales de baño, non só de agradable olor, tamén dunhas fermosas cores.
Pero este obradoiro ainda non rematou, quédanos a tarefa de regar as sementes que xa empezaron a xerminar. Cada día pola mañá entramos na aula coa ilusión de ver como van medrando, incluso existe a competición por ver a quen lle saen máis. Podedes ver o proceso na seguinte presentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario