miércoles, 14 de marzo de 2012

A NENA A QUE LLE GUSTABA TRABALLAR

Había unha vez unha nena,vivía coa súa nai nunha casa. Ás veces xogaba ás cartas, unhas veces gañaba e outras perdía, pero nunca se enfadaba. 

Un día a súa nai marchou e díxolle:
 
 - Vou ao supermercado, cando volva quero a casa limpa e os deberes do colexio feitos. 
 - Adeus mamá, fareinos con calma, limpos e ordenados.

A nai marchou e a nena comezou a facer os deberes pero tiña unha dúbida. Pensou e pensou pero non sabía. Entón foi buscar información ao libro e así poido acabar os deberes. Cando chegou a súa nai corrixiullos e díxolle que estaban moi ben feitos. Ao día seguinte foi ao colexio e no recreo divirtiuse moito, meteu dous goles e ademáis estaba moi leda porque a profesora puxéralle unha boa nota por facer ben os deberes, limpos e ordenados. 

AUTOR:Xoel Traba Costas

No hay comentarios:

Publicar un comentario