Mostrando entradas con la etiqueta A horta aromática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A horta aromática. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de abril de 2012

RESULTADO FINAL DO OBRADOIRO "AULA VERDE"

Dentro do obradoiro de "A horta aromática" que levamos a cabo os alumnos de 3º de primaria queremos mostrarvos como nos quedou a presentación das sales de baño. Eperamos que vos gusten, nos estamos moi contentos do resultado.

Tamén podedes ver como a plantación das sementes de cebollino e de albahaca empezaron a xerminar, inda que lles queda moito por medrar pero estamos seguros que comprindo cos coidados que elas necesitan así  o farán, un bo regado e algo de mimo.

                                                                                      

sábado, 10 de marzo de 2012

A HORTA AROMATICA

     Coincidindo co estudio do  tema sobre as plantas dento da programación do curso,  hai uns días os alumnos de 3º fixemos o obradoiro da horta aromática, plantamos sementes de cebollino e de albahaca. Tamén fixemos sales de baño que nos deixaron a aula chea dun agradable aroma.
     Pásamolo moi ben, foi toda unha experincia descubrir con que facilidade se conseguen unhas sales de baño, non só de agradable olor, tamén dunhas fermosas cores.
      Pero este obradoiro  ainda non rematou, quédanos a tarefa de regar as sementes que xa empezaron a xerminar. Cada día pola mañá entramos na aula coa ilusión de ver como van medrando, incluso existe a competición por ver a quen lle saen máis. Podedes ver o proceso  na seguinte presentación.