Mostrando entradas con la etiqueta Celebración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebración. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril,"DÍA DO LIBRO", os alumnos e alumnas de 3º de Primaria recibiron diplomas e agasallos pola súa participación no relato e representación de contos creados por eles mesmos ao longo dos días previos a esta data. Contos que representaron na BIBLIOTECA na "Hora de ler" e que compartiron co resto do alumnado de Primaria, que de igual modo participou e recibiu os seus correspondentes diplomas e agasallos. A todos eles felicito polo bo traballo e esforzo realizado.


Remataron o día moi ledos porque levaban como agasallo para os seus pais uns marcapáxinas e unha flor cun slogan que di: "Se TI les, NÓS tamen lemos".