Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril,"DÍA DO LIBRO", os alumnos e alumnas de 3º de Primaria recibiron diplomas e agasallos pola súa participación no relato e representación de contos creados por eles mesmos ao longo dos días previos a esta data. Contos que representaron na BIBLIOTECA na "Hora de ler" e que compartiron co resto do alumnado de Primaria, que de igual modo participou e recibiu os seus correspondentes diplomas e agasallos. A todos eles felicito polo bo traballo e esforzo realizado.


Remataron o día moi ledos porque levaban como agasallo para os seus pais uns marcapáxinas e unha flor cun slogan que di: "Se TI les, NÓS tamen lemos".


sábado, 21 de abril de 2012

MARCAPÁXINAS

Para o  día da poesía ademáis de iniciarnos nos poemas e facer un pequeno poemario, elaboramos uns marcapáxinas cunha pequena rima alusiva ao mar, destacando  a importancia que ten para nosoutros o seu coidado. Todo isto como podedes ver, sempre dentro do mesmo proxecto: "ENERXÍAS SOSTIBLES".
Apoveitando que o luns é o dia do libro parécenos unha boa idea agasallar aos nosos pais con  este marcapáxinas xa que  son eles os que nos inculcan nun primeiro momento ese interese polos libros, e máis, cando compartimos momentos comúns de lectura.