domingo, 22 de mayo de 2011

Novos xogos de mapas interactivos, ¡coidado enganchan




Dentro da mesma páxina hai mais xogos, 
se a xeografía gustate non dubides en probalos.

Probade o das cidades de España, é dificilísimo, pero chega a viciar.

miércoles, 18 de mayo de 2011

AVALIACIÓN DIAGNOSTICA 2011

Os días 19 e 20 de Maio terá lugar no noso centro a avaliación de Diagnóstico 2011 para avaliar o nivel de desenvolvemento do noso alumnado de 4º de primaria en determinadas competencias básicas.
As probas a realizar avaliarán as seguintes competencias básicas:
-Competencia Lingüística.
-Competencia matemática.
-Competencia para o coñecemento e interacción co medio físico.
Vir tranquilos, xa que non é nada diferente do que facemos na clase todos os días, iso sí  descansade ben esta noite e mañá moi concentrados faremos o cuaderniño.
Seguro que o facedes moooi ben¡¡¡¡¡¡ 
Calqueira información de actualidade sobre este asunto ou outras informacións para profundizar  no seu coñecemento a atoparedes no blog do Departamento de Orientación.

sábado, 14 de mayo de 2011

CURIOSIKID



El Museo de los Niños de Caracas é o creador de Curiosikid, un sitio web educativo-científico, para aprender xogando, responder a preguntas de como funciona o mundo e descubrir principios científicos.
Conten experiencias online interactivas das áreas de arte, ciencias sociais, bioloxía, ecoloxía, física, química e matemática.
 Organizanse en:
  • Descubriendo el agua.
  • Lo invisible 
  • Vivir de mil maneras
  • Los secretos del aire.
  • Planeta Tierra.
  • El mundo de los extremos.
  • Máquinas para explorar el mundo.
  • Lo infinitamente pequeño. 

LOIS PEREIRO 3D



Mais cousas do autor homenaxeado este ano co gallo das letras galegas 2011, Lois Pereiro, ten material multimedia complementario  a cargo do CEIP de LAREDO (3d, pictos, animacións, locucións…) para a súa utilización e dinamización nas aulas de infantil e primaria.

lunes, 9 de mayo de 2011

WEB PARA PRIMARIA DE PROTECCIÓN CIVIL

A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias pretende a través de esta web infantil contribuir ao desenvolvemento dunha cultura social preventiva en relación aos distintos riscos. Para iso, e dentro do Programa de Educación para a Prevención en Centros Escolares, ofrecen  contidos de interés así como consellos e recomendacións que poden ser de utilidade ante unha situación de emerxencia.
Pinchade na imaxe e coa vosa colaboración os mais pequenos poderán aprender sobre os riscos de maneira amena e entretida.

RECURSOS LOIS PEREIRO

Se pinchades na imaxe poderedes acceder a recursos e materiais imprimibles para traballar nas aulas ó autor homenaxeado este ano co gallo do Día das Letras Galegas: 
LOIS PEREIRO.
Ademáis atoparedes información sobre a importancia desta data ó longo da historia, actividades axeitadas a cada ciclo, biografía do autor, accesoó  seu blog...