Este curso estreamos Cestas Lectoras, cargadiñas de libros para que os vosos fillos e fillas poidan SOÑAR cos contos. Mirade como disfrutan.
miércoles, 9 de noviembre de 2011
jueves, 27 de octubre de 2011
domingo, 23 de octubre de 2011
A NOSA MOCHILA VIAXEIRA COMEZA A SÚA PRIMEIRA VIAXE
Queridas familias:
Por terceiro ano voltan as nosas mochilas a viaxar polos vosos fogares, cunha selección de libros, películas e música para toda a familia que esperamos se aproxime ós vosos intereses.
Podedes telas na casa durante unha semana logo outras familias disfrutarán co préstamo.
Pedimos a vosa importantísima colaboración nesta actividade: contándolles os contos ós máis pequenos, axudándolles no seu correcto coidado e manipulación (de igual xeito que o fan no cole), escoitando as músicas con eles e devolvéndoas na data indicada na propia mochila.
Facédenos saber calquera dificultade ou defecto dos materiais entregados.
Puxemos as nosas mellores intencións na selección, e por iso gustaríanos moito que anotarades as vosas impresións e suxestións, si vos gustaron os libros, si botastes algún en falta….
A DISFRUTAR!
SAÚDOS E LIBROS.
Agora podedes ver nesta imaxe o contentos que estaban coa primeira viaxe da mochila.
jueves, 29 de septiembre de 2011
Estimadas familias dos alumnos/as de 3º de Primaria cos que ao longo deste curso vou a desempeñar o meu labor educativo como titora, e sempre co apoio e a boa profesionalidade dos compañeiros/as que imparten outras áreas: Victor (Educación Física), Pablo (Lingua estranxeira, Inglés), Charo (Relixión) e Antonio (Artística).
Con todos eles/as e a vosa colaboración de seguro que acadaremos os obxectivos propostos.
Non me quero esquecer dos seguidores deste blog o curso pasado (alumnos/as de 4º de Primaria, pais/nais, familia e amigos), a todos eles/as grazas porque foron un pilar fundamental para a súa posta en marcha.
De novo Benvidos todos e todas.
lunes, 26 de septiembre de 2011
jueves, 7 de julio de 2011
Como titora de 4º de Primaria dou por rematado un ciclo no que os alumnos/as fixeron posible a posta en marcha deste blog e o bó funcionamento do mesmo ao longo do seu pequeno percorrido.Tamén quero dar as grazas a aqueles seguidores que nos axudaron a manter a ilusión por seguir traballando. A todos lles desexo unhas felices vacacións. Esperámosvos o vindeiro curso no mesmo blog pero cun novo alumnado, os de 3º, que continuarán a mesma labor e de seguro que o farán moi ben.
Un saudo.
BRAINNOOK
Tratase dun mundo virtual creado para o público infantil (de 6 a 11 anos), que permite desenvolver habilidades matemáticas ao mesmo tempo que perfecciona a ensinanza do idioma inglés entre os mais pequenos.
Con centos de xogos gratuitos dispoñibles, todos entorno á matemática e o idioma inglés, dispón de ferramentas que permiten a competición entre os usuarios, todo isto co control dos pais/nais, que tendes unha sección no portal dedicado a eles.
No mundo virtual un extraterrestre cae no planeta Terra e ten que gañar estrelas por todo o mundo para poder adquirir as pezas necesarias para a súa nave.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)