martes, 19 de junio de 2012
HORA DE LER
Rematou o curso e con el a "HORA DE LER", durante a que os alumnos/as de 3º EP puideron disfrutar de distintas lecturas que ao longo de cada trimestre fomos variando dentro das "cestas lectoras". Como final fixeron un caderno no que recopilaron as fichas de cada libro, uns alumnos máis ca outros, de feito fixeron comparacións para saber quen lera máis.
De todas maneiras aquí non remata todo, hai que seguir disfrutando dos libros durante as vacacións, buscando sempre un momento de cada día para adicarllo á lectura, "dela aprendemos e se aprendemmos prosperamos", esta reflexión fixoa unha alumna (Laura Chamorro Ferreira 3º EP) na portada do caderno e paréceme un pensamento interesante, que non debía pasar por alto.
Un exemplo do traballo pódese ver nestas fotografías.
jueves, 14 de junio de 2012
DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS: Limpando a praia
Coincidindo có día mundial dos océanos, o 8 de xuño, os alumno/as de 2º e 3º de E.P. participaron na limpeza de praias
Ás 10:30 esperábannos no porto de Panxón monitores que tras comentarlles a importancia de coidar o medioambiente e explicarlles con carteis os anos que tardan algúns materiais en destruirse, entregáronlles luvas e bolsas de plástico, unha para cada material : papel, plasticos, orgánicos e cristal
Divididos en grupos de sete alumnos/as por monitor deu comezo a actividade, pola que mostraron moito entusiasmo.
Poideron percatarse con asombro da cantidade de porquería que ían atopando ao longo a praia, coma unha roda dun camión e outra dun coche, preguntándose como chegaran ata ese lugar. Tamén atoparon redes, anzós, roupa, botellas, etc. Tanto as rodas coma algún plástico grande acabaron coas súas forzas porque estaban tan enterrados na area que se resistiron a sair pese ao empeño que puxeron.
Coñeceron algunha variedade de algas, así coma a súa cor e textura.
Despois de duas horas aproximadamente voltaron ao colexio satisfeitos pola labor que fixeran, eso si con moitas ganas de tomar o bocadillo.

martes, 5 de junio de 2012
KAMISHIBAI
Este curso os alumnos/as de 3º E.P. estamos a traballar por 1ª vez co kamishibai. Trátase dun teatrillo tradicional xaponés, (significa "teatro de papel") que se usa para contar historias aos nenos e nenas.
Consiste nunhas láminas que por unha cara teñen o texto que vai lendo o narrador (neste caso o alumno/a que inventou o conto) e pola outra cara están os debuxos que indican o que sucede ao longo da historia e que se van mostrando aos ointes ao mesmo tempo que se fai o relato.
Como profesora destes alumno/as considero, e este curso puídeno comprobar, que serve de axuda para despertar neles a imaxinación, a fantasía, a creatividade, incluso unha certa competividade por crear os mellores contos e logo contalos aos seus propios compañeiros e incluso aos alumnos doutros cursos.
Tamen fomenta o gusto pola lectura e a escritura.
Unha mostra do que vos estou contando é esta primeira historia, que a autora relatou primeiro aos seus compañeiros e logo a todo o alumnado de primaria na biblioteca, aproveitando a celebración do día do libro.
Paso a explicarvos de maneira detallada o proceso empezando polo título que o primeiro que os ointes ven nada máis abrir o kamishibai e logo os párrafos numerados que corresponden a cada debuxo.
UN TROTAMUNDOS SOÑADOR
Debuxo 1- Un día de moita choiva, mentres esta caía do ceo facendo un son relaxante, un neno chamado Xavi que miraba pola fiestra da súa habitación pensaba en ir xogar ao balón ao xardín, máis non podía.
Debuxo 2- Xavi, tumbouse na súa cama e pensaba a que podía xogar dentro da casa para non aburrirse, poque Xavi non era un neno aburido.
Entón tivo unha idea, pechar os ollos e soñar, soñar e soñar.
El sempre soñaba con cousas extraordinarias e divertidas, máis hoxe parecía que non tiña cerebro, non se lle ocurría nada no que soñar.
Debuxo 3- Tivo que concentarse moito e soñou que estaba en Paris, que ía estido cunha boina, un longo abrigo de cor canela, con bufanda vermella, pantalóns azúis, uns zapatos negros e un xersei de lá marrón.
Debuxo 4- Tamén se imaxinaba que dende lonxe estaba a sacar fotos a alta e fermosa Torre Eiffel e que pouco a pouco se estaba achegando a ela.
Debuxo 5- Cando chegou preto da Torre Eiffel soñou que se atopaba cun piloto e que a Xavi o invitaba a subir ao seu avión
.
Debuxo 6- Xavi montou e soñaba que ía camiño da India, vestido cunha camisa branca, uns pantalóns vermellos, unha chaqueta marrón, vermella e verde, uns zapatos marróns e unha pequena pluma no pelo.
Debuxo 7- Viu unha tenda de campaña e deu un paso, abriuna e atopouse cunha nena con dous paos intentando facer o lume.
A nena ao velo preguntoulle cunha voz baixiña como se chamaba, o neno respondeulle co seu nome e despois ela díxolle que se chamaba Xara.
Debuxo 8- Pasaron un cachiño xuntos, ata o anoitecer. Entón Xara convidouna a cear coa súa familia.
Debuxo 9- Pasado un tempo apareceu un avión, Xavi despidiuse de Xara e da súa familia e voltou á súa casa.
FIN
CRÉDITOS
ALUMNA: Ainhoa Centeno Prado
CURSO: 3º de E.P
COLEXIO: C.P.I. de Panxón
LUGAR: Nigrán
PROVINCIA: Pontevedra

martes, 29 de mayo de 2012
COMO ESCRIBIR UN CONTO ?
Xa o levamos traballando na clase dende hai tempo, mais como o verán se está acercando e ao mellor nalgún intre sentídesvos inspirados, non quixera que desaproveitárades a oportunidade de seguir creando os vosos contos no caderno que tedes para eles neses días de fastío que xurden de vez en cando.
Só quero recordarvos o que necesitades para levalo a cabo. Aí vai a receita.
INGREDIENTES
- Ilusión
- Soños
- Fantasía
- Imaxinación
- Palabras
- Signos de puntuación. Ortografía
- Follas blancas ou de cores
- Lapis afiado
- Goma
- Cores
- Pensa sobre o que vas a escribir
- Reflexiona sobre quen van a ser as personaxes
- Van a ser de:
-Medo ou misterio
-Aventuras
-Animáis máxicos.
-Bestias, moustros, etc.
INTRODUCCIÓN
- Onde terá lugar a historia?
- En que época?
- Quen son as personaxes?
- O protagonista ten que superar algunha dificultade.
- Contar o que está pasando.
- Resolver as situacións que se van creando.
- Pensar un final feliz ou que non acabe demasiado ben.
- Contar como lle foi as personaxes
- Pode ser un só debuxo ao remate do conto.
- Podes ir introducindo os debuxos ao longo do conto, despois de cada párrafo.
miércoles, 9 de mayo de 2012
FELIZ DÍA MAMÁ!!!
Os alumnos/as de 3º EP fixerónlle un fermoso agasallo ás súas nais, unha carpeta para gardar documentos, todo con material reciclado. Xa se fixo noutras ocasións, pero este ano con máis motivo por estar dentro dun proxecto que nos ensina a ser moi coidadosos co medioambente e saber reciclar todo tipo de material.
Felicito aos alumnos/as polo ben que o fixeron e ás nais nun día tan especial.
Como nos parece que é un agasallo útil e rápido de facer, queremos amosarvos con fotos como foi o proceso de elavoración e o seu remate.
Primeiramente direivos o material que utilizamos e os pasos a seguir.
MATERIÁIS:
- Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un.
- Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar.
- Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista.
- 32cm de cinta de carrocero.
- Un trozo de goma.
- Cola blanca.
- Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente.
- Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro.
- Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista.
- Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta
- E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter.
- ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas.
- Como remate só queda estucar as letras.
domingo, 6 de mayo de 2012
TÍRALLE DA LINGUA
Sete alumnos/as de 3º de Primaria participaron o día 27 de abril en "TÍRALLE DA LINGUA" xunto con outros alumnos/as de 6º de EP e de Secundaria, cada curso coas súas respetivas historias. Eles escenificaron o conto titulado: " COIDANDO Á TERRA" , inventado por un dos participantes dentro do proxecto de Centro: Enerxias Sostibles.
Inda que non conseguiron ningún premio, para eles foi unha boa experiencia ir a Santigo, e non por elo deixarán de seguir traballando con ilusión para poder participar en futuros proxectos.
Por todo esto quero felicitar a todos os participantes do colexio, en especial aos máis pequenos, os de 3º: Pedro, Sheila, Alejandra, Ainhoa, Bárbara ,Laura e Denís.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)