jueves, 29 de septiembre de 2011

benvidos

Estimadas familias dos alumnos/as de 3º de Primaria cos que ao longo deste curso vou a desempeñar o meu labor educativo como titora, e sempre co apoio e a boa profesionalidade dos compañeiros/as que imparten outras áreas: Victor (Educación Física), Pablo (Lingua estranxeira, Inglés), Charo (Relixión) e Antonio (Artística).
Con todos eles/as e a vosa colaboración de seguro que acadaremos os obxectivos propostos.
Non me quero esquecer dos seguidores deste blog o curso pasado (alumnos/as de 4º de Primaria, pais/nais, familia e amigos), a todos eles/as grazas porque foron un pilar fundamental para a súa posta en marcha.

De novo Benvidos todos e todas.

jueves, 7 de julio de 2011

felicesemptyvacacions


Como titora de 4º de Primaria dou por rematado un ciclo no que os alumnos/as fixeron posible a posta en marcha  deste blog e o bó funcionamento do mesmo ao longo do seu pequeno percorrido.Tamén quero dar as grazas  a aqueles seguidores que nos axudaron a manter a ilusión por seguir traballando. A todos lles desexo unhas felices vacacións. Esperámosvos o vindeiro curso no mesmo blog pero cun novo alumnado, os de 3º,  que continuarán a mesma labor e de seguro que o farán moi ben.
  Un saudo.
 

BRAINNOOK


Tratase dun mundo virtual creado para o público infantil (de 6 a 11 anos), que permite desenvolver habilidades matemáticas ao mesmo tempo que perfecciona a ensinanza do idioma inglés entre os mais pequenos.
Con centos de xogos gratuitos dispoñibles, todos entorno á matemática e o idioma inglés, dispón de ferramentas que permiten a competición entre os usuarios, todo isto co control dos pais/nais, que tendes unha sección no portal dedicado a eles.
No mundo virtual un extraterrestre cae no  planeta Terra e ten que gañar estrelas por todo o mundo para poder adquirir as pezas necesarias para a súa nave.

martes, 28 de junio de 2011

JORGE Y NATALIA EN EL PARQUE

Supoño que estaredes desexando ver o vídeo, pero xa sabedes que tiven un final de curso axetreado así que ata hoxe non pudo ser, dende aquí damoslle as gracias ao profesor de Ingés, PABLO 1º FELICIDADES  por ese neniño ten feitiño que acabades de ter e en 2º lugar pola túa colaboración e axuda neste vídeo que sen tí non houberamos feito. Tamén aproveitamos para despedirnos de Gregorio Toribio, creador de CONSTRUYENDO 1001 HISTORIAS, xa que por este ano esta é a nosa última contribución ao proxecto, esperamos seguir traballando con el o vindeiro curso.

jueves, 16 de junio de 2011

5ª Contribución "CONSTRUYENDO HISTORIAS"

Dentro do proxecto colaborativo dirixido por Gregorio Toribio "Construyendo historias" no que participamos, temos que finalizar "Las mil y una historias de Jorge y Natalia", historia nº 660. Esta será a nosa última aportación este curso, esperamos poder participar o curso que ven en mais proxectos de este tipo, serveunos para unha mellora da nosa lectura e escritura e dende aquí queremos a gradecer a Gregorio Toribio o poder participar neste magnifico proxecto.




Final 660.

Hasta que vieron un monstruo que salió del agua, era una mezcla de tiburón, ballena, serpiente y elefante.
¡Era gigante y multicolor!
Al principio se asustaron mucho, pensaron que se trataba de un monstruo malvado pero cuando vieron que les ayudaba a rescatar al leñador se dieron cuenta de que era bueno.
Estuvieron jugando con él y dándole de comer. Luego se lo llevaron a la feria y montaron en todas las atracciones.
Cuando se hizo de noche se fueron al bar Vikingo, que estaba abierto y volvía a girar como siempre y….colorín, colorado este cuento se ha acabado.

Créditos

Autor de este artículo: Adrián Rodríguez Areal.

Ilustración: Adrián Rodríguez Areal.

Curso: 4º de Primaria

Centro: CPI  de PANXÓN

Localidad: Nigrán

Provincia: Pontevedra

País: ESPAÑA

Tutora: Eva Fontangordo Fernández


domingo, 12 de junio de 2011

¡ COMO SACO O COCHE!

O xogo consiste en sacar o coche amarelo do garaxe, apartando todos os coches que lle impiden a saída, e co menor número de movementos posibles. Está moi ben e é moi entretido. Desenvolve a capacidade de razoamento.