jueves, 27 de octubre de 2011

INVESTIGACIÓN SOBRE OS REFRÁNS
Co gallo da celebración do Mes internacional das Bibliotecas escolares, o alumnado de 3º investigou sobre os refráns no outono e froito do seu traballo fixemos a nosa primeira publicación deste curso, nos deixedes de leelo, para iso pinchade na imaxe.

domingo, 23 de octubre de 2011

A NOSA MOCHILA VIAXEIRA COMEZA A SÚA PRIMEIRA VIAXE

Queridas familias:
Por terceiro ano voltan as nosas mochilas a viaxar polos vosos fogares, cunha selección de libros, películas e música para toda a familia que esperamos se aproxime ós vosos intereses.
Podedes telas na casa durante unha semana logo outras familias disfrutarán co préstamo. 
Pedimos a vosa importantísima colaboración nesta actividade: contándolles os contos ós máis pequenos, axudándolles no seu correcto coidado e manipulación (de igual xeito que o fan no cole), escoitando as músicas con eles e devolvéndoas na data indicada na propia mochila.
Facédenos saber calquera dificultade ou defecto dos materiais entregados.
Puxemos as nosas mellores intencións na selección, e por iso gustaríanos moito que anotarades as vosas impresións e suxestións, si vos gustaron os libros, si botastes algún en falta….

A DISFRUTAR!

SAÚDOS E LIBROS.

Agora podedes ver nesta imaxe o contentos que estaban coa primeira viaxe da mochila.


jueves, 29 de septiembre de 2011

benvidos

Estimadas familias dos alumnos/as de 3º de Primaria cos que ao longo deste curso vou a desempeñar o meu labor educativo como titora, e sempre co apoio e a boa profesionalidade dos compañeiros/as que imparten outras áreas: Victor (Educación Física), Pablo (Lingua estranxeira, Inglés), Charo (Relixión) e Antonio (Artística).
Con todos eles/as e a vosa colaboración de seguro que acadaremos os obxectivos propostos.
Non me quero esquecer dos seguidores deste blog o curso pasado (alumnos/as de 4º de Primaria, pais/nais, familia e amigos), a todos eles/as grazas porque foron un pilar fundamental para a súa posta en marcha.

De novo Benvidos todos e todas.

jueves, 7 de julio de 2011

felicesemptyvacacions


Como titora de 4º de Primaria dou por rematado un ciclo no que os alumnos/as fixeron posible a posta en marcha  deste blog e o bó funcionamento do mesmo ao longo do seu pequeno percorrido.Tamén quero dar as grazas  a aqueles seguidores que nos axudaron a manter a ilusión por seguir traballando. A todos lles desexo unhas felices vacacións. Esperámosvos o vindeiro curso no mesmo blog pero cun novo alumnado, os de 3º,  que continuarán a mesma labor e de seguro que o farán moi ben.
  Un saudo.
 

BRAINNOOK


Tratase dun mundo virtual creado para o público infantil (de 6 a 11 anos), que permite desenvolver habilidades matemáticas ao mesmo tempo que perfecciona a ensinanza do idioma inglés entre os mais pequenos.
Con centos de xogos gratuitos dispoñibles, todos entorno á matemática e o idioma inglés, dispón de ferramentas que permiten a competición entre os usuarios, todo isto co control dos pais/nais, que tendes unha sección no portal dedicado a eles.
No mundo virtual un extraterrestre cae no  planeta Terra e ten que gañar estrelas por todo o mundo para poder adquirir as pezas necesarias para a súa nave.

martes, 28 de junio de 2011

JORGE Y NATALIA EN EL PARQUE

Supoño que estaredes desexando ver o vídeo, pero xa sabedes que tiven un final de curso axetreado así que ata hoxe non pudo ser, dende aquí damoslle as gracias ao profesor de Ingés, PABLO 1º FELICIDADES  por ese neniño ten feitiño que acabades de ter e en 2º lugar pola túa colaboración e axuda neste vídeo que sen tí non houberamos feito. Tamén aproveitamos para despedirnos de Gregorio Toribio, creador de CONSTRUYENDO 1001 HISTORIAS, xa que por este ano esta é a nosa última contribución ao proxecto, esperamos seguir traballando con el o vindeiro curso.