miércoles, 12 de septiembre de 2012

ATA SEMPRE

Despois de 36 anos exercendo como mestra no C. P. I. de Panxón, hoxe día 12 de setembro dou por rematada a etapa da miña vida adicada ao ensino, ao que máis me gusta, e na que aínda que  se pasan momentos de todo tipo, eu quédome con aqueles que me deixaron un pouso grato, fermoso e cheo de satisfacións persoais.
Disfrutei ensinando da mellor maneira que sabía e aprendendo, por que non dicilo, dos alumnos recollin dende a súa inocencia, sabiduría, cariño e ensináronme a ser mellor persoa.
Ao longo dos anos existiu sempre unha reciprocidade mestre-alumno e voume con esa añoranza que, non cabe lugar a dúbidas, sentirei moito tempo, quizás sempre.
Dende este intre dou comezo a unha nova etapa da que penso disfrutar a tope; a adicada a miña familia que tanto quero e que ao longo dos anos souberon compartir a miña profesión sempre e en cada momento.
Quero dar as grazas a todos os alumnos aos que lles din clase porque sempre se esforzaron por mellorar, tanto académicamente como no aspecto social, síntome satisfeita. Aos pais  que souberon responder ás miñas chamadas e  dos que maioritariamente tiven  unha boa resposta en benificio dos seus fillos.
Por último aos meus compañeiros e demáis persoal do colexio, grazas por todo, e perdón  se nalgún momento non souben estar á altura das circunstancias.
Isto non é unha despedida é un ata sempre. GRAZAS.

miércoles, 20 de junio de 2012

ACTIVIDADES PARA DESFRUTAR UN VERÁN OLÍMPICO

Como cada ano o Portal de la Junta de Castilla – León  ofrecenos a súa proposta educativa estival. Ademáis de atopar novas aplicacións, encontrarás unha selección dos mellores xogos publicados en anos anteriores. O resultado é un entorno divertido, variado e educativo que te servirá para pasalo ben, entreterte, repasar e aprender. 

¡FELICES VACACIÓNS¡¡¡¡¡

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS

Estes últimos días estamos a repasar todo o que demos ao longo do curso, pero sempre nos queda tempo para xogar coas matemáticas e podemos comprobar que desta maneira tan divertida reforzamos o aprendido.
Fixemos as figuras planas recortadas en cartulina, pero moito máis divertido foi facer un mural das figuras  nunha tea. Para iso estivemos uns días gardando  as virutillas de afiar as ceras e con elas e unha prancha eléctrica quedáronnos moi orixinais.
Despois de observar os distintos corpos xeométricos, estudar as súas partes e recordar os nomes de cada un, fixemos o desenrolo de cada figura.
E xa para rematar estamos a pelexarnos co "TANGRÁN". Utlizando as figuras planas temos que lograr construir outras figuras, esto si que é dificil, pero, " o que a sigue a consigue" e nós non desistimos e algo imos logrando.


XOGANDO COAS MATEMÁTICAS on PhotoPeach

EXPERIMENTOS

O día 15 de xuño estivemos a experimentar en Coñecemento do Medio.
Nun envase redondo que nalgún momento foi unha peixeira de cando outros alumnos tiñan peixes na clase, nos empregámola para comprobar que sen non hai osixeno non se produce combustión.
O experimento consistiu en meter dentro unha vela, prenderlle lume, pechar herméticamente o envase para que non entrara o aire e  esperar a que se esgotara o osíxeno e como consecuencia desto se apágase a vela, algo que ocorreu tras pasar uns minutos.
EXPERIMENTO CONSEGUIDO E TODOS SATISFEITOS



martes, 19 de junio de 2012

RECICLANDO MATERIAIS

HORA DE LER

Rematou o curso e con  el  a  "HORA DE LER", durante a que os alumnos/as de 3º EP puideron disfrutar de distintas lecturas que ao longo de  cada trimestre fomos variando dentro das "cestas lectoras". Como final fixeron un caderno no que recopilaron as fichas de cada libro, uns alumnos máis ca outros, de feito fixeron comparacións para saber quen lera máis.
De todas maneiras aquí non remata todo, hai que seguir disfrutando dos libros durante as vacacións, buscando sempre un momento de cada día para adicarllo á lectura, "dela aprendemos e se aprendemmos prosperamos", esta reflexión fixoa unha alumna  (Laura Chamorro Ferreira 3º EP)  na portada do caderno e paréceme un pensamento interesante, que non debía pasar por alto.
Un exemplo do traballo pódese ver nestas fotografías.

jueves, 14 de junio de 2012

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS: Limpando a praia

Coincidindo có día mundial dos océanos, o 8 de xuño, os alumno/as de 2º e 3º de E.P. participaron na limpeza de praias
Ás 10:30 esperábannos no porto de Panxón monitores que tras comentarlles a importancia de coidar o medioambiente e explicarlles con carteis os anos que tardan algúns materiais en destruirse, entregáronlles luvas e bolsas de plástico, unha para cada material : papel, plasticos, orgánicos e cristal
Divididos en grupos de sete alumnos/as por monitor deu comezo a actividade, pola que mostraron moito entusiasmo.
Poideron percatarse con asombro da cantidade de porquería que ían atopando ao longo a praia, coma unha roda dun camión e outra dun coche, preguntándose como chegaran ata ese lugar. Tamén atoparon redes, anzós, roupa, botellas, etc. Tanto as rodas coma algún plástico grande acabaron coas súas forzas porque estaban tan enterrados na area que se resistiron a sair pese ao empeño que puxeron.
Coñeceron algunha variedade de algas, así coma a súa cor e textura.
Despois de duas horas aproximadamente voltaron ao colexio satisfeitos pola labor que fixeran, eso si con moitas ganas de tomar o bocadillo.

martes, 5 de junio de 2012

KAMISHIBAI

Este curso os alumnos/as de 3º E.P. estamos a traballar por 1ª vez co kamishibai. Trátase dun teatrillo  tradicional  xaponés, (significa "teatro de papel") que se usa para contar historias aos nenos e nenas.
Consiste nunhas láminas que por unha cara teñen o texto que vai lendo o narrador (neste caso o alumno/a que inventou o conto) e pola outra cara están os debuxos  que  indican o que sucede  ao longo da historia e que se van mostrando aos ointes ao mesmo tempo que se fai o relato.
Como profesora  destes alumno/as considero, e este curso puídeno comprobar, que serve de axuda para despertar  neles a imaxinación, a fantasía, a creatividade, incluso unha certa competividade por crear os mellores contos e logo contalos aos seus propios compañeiros e incluso aos alumnos doutros cursos.
Tamen fomenta o gusto pola lectura e a escritura.
Unha mostra do que vos estou contando é esta primeira historia, que a autora relatou  primeiro aos seus compañeiros e logo a todo o alumnado de primaria na biblioteca, aproveitando a celebración do día do libro.
Paso a explicarvos de maneira detallada  o proceso empezando polo título que o primeiro que os ointes ven nada máis abrir o kamishibai e logo os párrafos numerados que corresponden a cada debuxo.

                                              UN TROTAMUNDOS SOÑADOR


Debuxo 1- Un día de moita choiva,  mentres  esta caía do ceo facendo un son relaxante, un neno chamado Xavi que miraba pola  fiestra da súa habitación pensaba en ir  xogar ao balón ao xardín, máis non podía.

Debuxo 2- Xavi, tumbouse na súa cama e pensaba a que podía xogar dentro da casa para non aburrirse, poque Xavi non era un neno aburido.
Entón  tivo unha idea, pechar os ollos e soñar, soñar e soñar.
El sempre soñaba con cousas extraordinarias e divertidas, máis hoxe parecía que non tiña cerebro, non se lle ocurría nada no que soñar.

Debuxo 3- Tivo que concentarse moito e soñou que estaba en Paris, que ía estido cunha boina, un longo abrigo de cor canela, con bufanda vermella, pantalóns azúis, uns zapatos negros e un xersei de lá marrón.

Debuxo 4- Tamén se imaxinaba que dende lonxe estaba a sacar fotos a alta e fermosa Torre Eiffel e que pouco a pouco se estaba achegando a ela.

Debuxo 5-  Cando chegou preto da Torre Eiffel soñou que se atopaba cun piloto e que a Xavi o invitaba a subir ao seu avión
.
Debuxo 6- Xavi montou e soñaba que ía camiño da India, vestido cunha camisa branca, uns pantalóns vermellos, unha chaqueta marrón, vermella e verde, uns zapatos marróns e unha pequena pluma no pelo.

Debuxo 7- Viu unha tenda de campaña e deu un paso, abriuna e atopouse cunha nena con dous paos intentando facer o lume.
 A nena ao velo preguntoulle cunha voz  baixiña como se chamaba, o neno respondeulle co seu nome e despois ela díxolle que se chamaba Xara.

Debuxo 8- Pasaron un cachiño xuntos, ata o anoitecer. Entón Xara convidouna a cear coa súa familia.

Debuxo 9- Pasado un tempo apareceu un avión, Xavi despidiuse de Xara e da súa familia e voltou á súa casa.

                                                                       FIN


CRÉDITOS


ALUMNA: Ainhoa Centeno Prado

CURSO: 3º de E.P

COLEXIO: C.P.I. de Panxón

LUGAR: Nigrán

PROVINCIA: Pontevedra




martes, 29 de mayo de 2012

COMO ESCRIBIR UN CONTO ?

Xa o levamos traballando na clase dende hai tempo, mais como o verán se está acercando e ao mellor nalgún intre sentídesvos inspirados, non quixera que desaproveitárades a oportunidade de seguir creando os vosos contos no caderno que tedes para eles neses días de  fastío  que xurden de vez en cando.  
Só quero recordarvos o que necesitades para levalo a cabo. Aí vai a receita.

INGREDIENTES
  • Ilusión                                                
  • Soños
  • Fantasía
  • Imaxinación
  • Palabras
  • Signos de puntuación. Ortografía
UTENSILIOS
  • Follas blancas ou de cores
  • Lapis afiado
  • Goma
  • Cores
PREPARACIÓN
  1. Pensa sobre o que vas a escribir
  2. Reflexiona sobre quen van a ser as personaxes
  3. Van a ser de:
                   -Humor
                   -Medo ou misterio
                   -Aventuras
                   -Animáis máxicos.
                   -Bestias, moustros, etc.

INTRODUCCIÓN
  • Onde terá lugar a historia?
  • En que época?
  • Quen son as personaxes?
NUDO
  • O protagonista ten que superar algunha dificultade.
  • Contar o que está pasando.
DESENLACE
  • Resolver as situacións que se van creando.
  • Pensar un final feliz ou que non acabe demasiado ben.
  • Contar como lle foi as personaxes
DIBUJO
  • Pode ser un só debuxo ao remate do conto.
  • Podes ir introducindo os debuxos ao longo do conto, despois de cada párrafo.

miércoles, 9 de mayo de 2012

FELIZ DÍA MAMÁ!!!

Os alumnos/as de 3º EP fixerónlle un fermoso agasallo ás súas nais, unha carpeta para gardar documentos, todo con material reciclado. Xa se fixo noutras ocasións, pero este ano con máis motivo por estar dentro dun proxecto que nos ensina a ser moi coidadosos co medioambente e saber reciclar todo tipo de material. Felicito aos alumnos/as polo ben que o fixeron e ás nais nun día tan especial.
 Como nos parece que é un agasallo útil e rápido de facer, queremos amosarvos con fotos como foi o proceso de elavoración e o seu remate. Primeiramente direivos o material que utilizamos e os pasos a seguir. 
MATERIÁIS: 
  • Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un.
  • Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar. 
  • Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista.
  • 32cm de cinta de carrocero.
  • Un trozo de goma. 
  • Cola blanca. 
PASOS A SEGUIR:
  1.  Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente.
  2.  Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro. 
  3.  Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista.
  4.  Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta 
  5.  E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter.
  6. ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas. 
  7. Como remate só queda estucar as letras.

domingo, 6 de mayo de 2012

TÍRALLE DA LINGUA

Sete alumnos/as de 3º de Primaria participaron o día 27 de abril en "TÍRALLE DA LINGUA" xunto con outros alumnos/as de 6º de EP  e  de Secundaria, cada curso coas súas  respetivas historias. Eles escenificaron o conto titulado:  " COIDANDO Á TERRA" , inventado por un dos participantes dentro do proxecto de Centro: Enerxias Sostibles.
Inda que non conseguiron ningún premio, para eles foi unha boa experiencia ir a Santigo, e non por elo deixarán de seguir traballando con ilusión  para  poder participar en futuros proxectos.
Por todo esto quero felicitar a todos os participantes do colexio,  en especial aos máis pequenos, os de 3º: Pedro, Sheila, Alejandra, Ainhoa, Bárbara ,Laura e Denís. 





lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril,"DÍA DO LIBRO", os alumnos e alumnas de 3º de Primaria recibiron diplomas e agasallos pola súa participación no relato e representación de contos creados por eles mesmos ao longo dos días previos a esta data. Contos que representaron na BIBLIOTECA na "Hora de ler" e que compartiron co resto do alumnado de Primaria, que de igual modo participou e recibiu os seus correspondentes diplomas e agasallos. A todos eles felicito polo bo traballo e esforzo realizado.


Remataron o día moi ledos porque levaban como agasallo para os seus pais uns marcapáxinas e unha flor cun slogan que di: "Se TI les, NÓS tamen lemos".


sábado, 21 de abril de 2012

PENSAMENTOS

Un ano máis alumnos/as ingleses veñen de intercambio ao noso colexio e como sempre o alumnado de Primaria ten preparado o seu recibimento. Como coincide có día do libro, luns 23 de abril, os alumnos/as de 3ºP  danlles a benvida  cun  pequeno agasallo, un libro que titulamos "PENSAMENTOS"
Está  feito con  materiais reciclados xa que non pode ser douta  maneira, dado que entra dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso: "ENERXÍAS SOSTIBLES".
O material que utilizamos foi papel reciclado por eles mesmos no obradoiro de "AULA VERDE". Como soporte de cada páxina, usamos follas de revistas e aproveitando  a frase que viña escrita como encabezamento de cada unha destas, os alumnos foron dando as súas respostas, o que deu lugar ao libro.
As tapas do libro son recicladas a partir dunha carpeta  xa retirada de servicio, pero que nos serviu para a ocasión.
E para rematar, as pastas atámolas ás follas cuns fíos de rafia.
Esperamos que  aos alumnos ingleses lles guste o noso agasallo, nós estamos satisfeitos polo esforzo que fixemos e polo resultado acadado. 

MARCAPÁXINAS

Para o  día da poesía ademáis de iniciarnos nos poemas e facer un pequeno poemario, elaboramos uns marcapáxinas cunha pequena rima alusiva ao mar, destacando  a importancia que ten para nosoutros o seu coidado. Todo isto como podedes ver, sempre dentro do mesmo proxecto: "ENERXÍAS SOSTIBLES".
Apoveitando que o luns é o dia do libro parécenos unha boa idea agasallar aos nosos pais con  este marcapáxinas xa que  son eles os que nos inculcan nun primeiro momento ese interese polos libros, e máis, cando compartimos momentos comúns de lectura.

miércoles, 18 de abril de 2012

LA NIÑA Y LA GAVIOTA

Un día de verano una niña llamada Alba, mientras desayunaba, pensaba en ir a la playa.Y se dijo:
-¡Ojalá no estuviera haciendo tan mal tiempo,así podría ir a bañarme al mar!
La niña deseaba e insistía en ir a la playa, pero cuanto más pensaba en ello , más llovía.
De pronto dejó de llover, se asomó a la ventana y fue corriendo hacia la puerta. Cuando salió de casa hacía un gran sol.
Bajó a la playa, se metió en el agua y dijo:
¡Mmm... me da la impresión de que me falta algo!
Se tocó la oreja mientras pensaba y notó que no tenía un pendiente, lo buscó por el agua pero no lo encontró.Lo que si vio ante sus ojos fue una gaviota manchada de petróleo.Salió rápidamente con ella en los brazos y corrió hasta una charca  la metió en sus aguas cristalinas,esperó a que sus lindos ojos cerrados se abrieran y dijo asombrada:
¡Oh! Los humanos en vez de utilizar el mar para lo que se debe lo utilizan como una papelera.El mar nos da comida, animales,minerales... A partir de ahora no lo utilizaré como una papelera.
La niña cumplió su promesa, llevo la gaviota a su casa y buscó en el diccionario y en otros libros cual era el alimento de estas aves. Después de un rato lo encontró y vio que se alimentaban de peces.
Entonces cogió a la gaviota en sus brazos, abrió la puerta y se fue al puerto como siempre hacía.
El patrón de un barco de pesca siempre le regalaba peces a Alba. Ella los cogió y rápidamente se los dio a la gaviota. En un segundo se los había comido todos y dijo:
-¡Vaya, pues si que tenías hambre!
Alba la volvió a llevar a casa y le dijo:
-Siento mucho lo que te ha pasado, los humanos no sabemos lo que hacemos, ojalá pudiera hacer algo para  que el mar no estuviera tan sucio como está.
Alba se dio cuenta de que los humanos no apreciamos el mar. Entonces colocó carteles por todo el pueblo que decían: 
-"APRECIEMOS LO QUE TENEMOS" , "CUIDEMOS EL MAR", "NO ABUSEMOS DE LA ELECTRICIDAD" "CUIDEMOS LOS SERES VIVOS"...
Desde ese día Alba vio que la gente hacía todo lo que ponían los carteles.
Dos semanas más tarde devolvió la gaviota al mar y comprobó como todo el mundo cuidaba el planeta  Tierra y apreciaba lo que tenía.

CRÉDITOS

AUTORES: Ainhoa Centeno Prado y Bárbara Bouzada González

CURSO: 3º de primaria

COLEXIO : C.P.I. de Panxón

LOCALIDADE: Nigrán

PROVINCIA : Pontevedra

domingo, 15 de abril de 2012

RESULTADO FINAL DO OBRADOIRO "AULA VERDE"

Dentro do obradoiro de "A horta aromática" que levamos a cabo os alumnos de 3º de primaria queremos mostrarvos como nos quedou a presentación das sales de baño. Eperamos que vos gusten, nos estamos moi contentos do resultado.

Tamén podedes ver como a plantación das sementes de cebollino e de albahaca empezaron a xerminar, inda que lles queda moito por medrar pero estamos seguros que comprindo cos coidados que elas necesitan así  o farán, un bo regado e algo de mimo.

                                                                                      

jueves, 29 de marzo de 2012

COIDANDO A TERRA

Un día de verano la gente estaba en la playa, y de repente por la línea del horizonte pasó un petrolero,la playa entera miró hacia allí y vieron que la proa del barco estaba a punto de chocar contra una roca enorme a la que el petrolero se dirigía.La gente empezó a gritar de miedo.
Cuando el barco chocó contra aquella roca  todo el petróleo cayó al mar.Justo en ese momento un banco de peces se acercaba al petróleo.Las gaviotas vieron el banco de peces y bajaron al mar,los peces se murieron y las gaviotas se mancharon de petróleo y las plumas  se les pegaron . No podían respirar,elevaron el vuelo pero las plumas de sus alas estaban tan pegadas al cuerpo que se cayeron de cabeza a toda velocidad, como gotas de lluvia.
La gente que estaba en la playa vio que el petróleo se acercaba hacia ellos. Salieron del agua muy deprisa  y llamaron a voluntarios para limpiar el mar.Sacaron casi todo el petróleo y cuando se hizo de noche se fueron a sus casas.
Al día siguiente fueron a limpiar otra vez. Ese día acabaron de limpiar y todos se quedaron muy contetos.A partir de entonces decidieron que iban a cuidar más el planeta Tierra y tratar de que los petroleros no tiren más petróleo al mar.

CRÉDITOS

AUTOR:Denís Fernández Barros

CURSO:3º de Primaria

COLEXIO: C.P.I.  de Panxón

LOCALIDADE:Nigrán

PROVINCIA :Pontevedra

ECOPATRULLAS 3º DE PRIMARIA

 Xa estamos listos¡¡¡
Unha actividade máis que vimos realizando este curso é  a colaboración do alumnado na reciclaxe de distintos materiais que se atopan polo centro. Todas as semanas na hora do recreo un curso de primaria e un de secundaria levan a cabo esta tarefa seguindo o código das tres R. Podedes ver o ben que o fan os alumnos/as de 3º de primaria na súa primeira semana.




VISITA AOS MUIÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

O día 26 de marzo realizamos a saída aos Muiños do Folón e do Picón foi unha actividade que desenvolvemos dentro do proxecto de enerxías, o obxectivo era que os alumnos/as comprobaran na realidade como antigamente se utilizaba a auga como fonte de enerxía para convertir os cereais, principalmente o millo en fariña. 

martes, 20 de marzo de 2012

AUGA E RIMA

    No  que levamos do mes de marzo estamos involucrados na aprendizaxe das rimas para lograr os  nosos   primeiros poemas.Cústanos un pouquiño pero unindo esforzo e sentimento algo estamos conseguindo.
    Dentro do Proxecto de enerxías sostibles que vimos realizando no centro, nós non queremos ser menos, por eso aportamos uns pequenos poemas adicados a auga, un ben que se non coidamos cada día vai a menos.
    Con eles unificamos  a celebración do día da poesía e o da auga.Espero que vos guste o noso traballo.

miércoles, 14 de marzo de 2012

A NENA A QUE LLE GUSTABA TRABALLAR

Había unha vez unha nena,vivía coa súa nai nunha casa. Ás veces xogaba ás cartas, unhas veces gañaba e outras perdía, pero nunca se enfadaba. 

Un día a súa nai marchou e díxolle:
 
 - Vou ao supermercado, cando volva quero a casa limpa e os deberes do colexio feitos. 
 - Adeus mamá, fareinos con calma, limpos e ordenados.

A nai marchou e a nena comezou a facer os deberes pero tiña unha dúbida. Pensou e pensou pero non sabía. Entón foi buscar información ao libro e así poido acabar os deberes. Cando chegou a súa nai corrixiullos e díxolle que estaban moi ben feitos. Ao día seguinte foi ao colexio e no recreo divirtiuse moito, meteu dous goles e ademáis estaba moi leda porque a profesora puxéralle unha boa nota por facer ben os deberes, limpos e ordenados. 

AUTOR:Xoel Traba Costas

sábado, 10 de marzo de 2012

A HORTA AROMATICA

     Coincidindo co estudio do  tema sobre as plantas dento da programación do curso,  hai uns días os alumnos de 3º fixemos o obradoiro da horta aromática, plantamos sementes de cebollino e de albahaca. Tamén fixemos sales de baño que nos deixaron a aula chea dun agradable aroma.
     Pásamolo moi ben, foi toda unha experincia descubrir con que facilidade se conseguen unhas sales de baño, non só de agradable olor, tamén dunhas fermosas cores.
      Pero este obradoiro  ainda non rematou, quédanos a tarefa de regar as sementes que xa empezaron a xerminar. Cada día pola mañá entramos na aula coa ilusión de ver como van medrando, incluso existe a competición por ver a quen lle saen máis. Podedes ver o proceso  na seguinte presentación.

lunes, 5 de marzo de 2012

EL HOMBRE MISTERIOSO

     Un día de verano llegó alguien muy extraño a la ciudad,hablaba muy poco y vivía solo en una choza,pero era muy amable,incluso una vez salvó a un niño de ser atropellado.Y ese niño se lo tomó como si fuera su héroe, pero a su madre, no le caía bien ese hombre y estaba preocupada.
      Y le dijo a su hijo:
    -Hijo,no me cae bien ese hombre que te salvó. ¿Qué pasaría si te raptara? Y su hijo le contestó:
    - El jamás lo haría, mi instinto me dice que es un buen hombre.Sólo que no se por que no habla con nadie.
      Pasó el tiempo, y de tanto repetir que era amable, al final su madre se enfadó y lo mandó a su habitación. El niño muy triste, se puso a llorar,él era el único que pensaba que ese hombre era bueno y después de mucho llorar y llorar al final decidió escaparse de casa por la ventana.
    -No me siento contento por lo que he hecho,pensó el niño.Pero quería descubrir más sobre ese hombre y justo cuando salía por la ventana lo vio y le gritó:
    -¡Hola!
    El hombre no respondio y desapareció. De repente aparecieron unos lobos que acorralaron al niño pero alguien lo agarró de la mano y lo arrastró hasta una choza.
    -¿Será el hombre que me salvó? Pensó el niño.
    Pues si, era él, entonces el niño le preguntó:
   -¿Por quë eres tan solitario? El hombre respondió:
   -Desde que mi mujer murió no tengo a nadie  y estoy sólo.El niño le dijo:
   -Yo seré tu amigo y te ayudaré.
   Pensaron y decidieron contarle a todo el mundo la verdad de por que estaba siempre de mal humor.Toda la gente se disculpó y celebraron una gran fiesta en honor a este hombre que a partir de entonces fue feliz.
  
                  AUTORA: Laura Chamorro Ferreiro

sábado, 3 de marzo de 2012

CREANDO HISTORIAS

    Somos pequenos pero grandes en inventar historias,por elo estamos contentos e disfrutamos creando e ilustrando os nosos contos e poemas.
     Co taller literario comezamos xa fai tempo escribindo pequenos relatos,pois estamos aprendendo, e cada día facémolo mellor.
     Para mostralo noso traballo iremos subindo ao blog algunha historia ou poema que ao final de curso recopilaremos nun libro, como xa fixeran os nosos compañeiros anteriores cando cursaron 3º e 4º. Estamos moi animados!

domingo, 29 de enero de 2012

TRABALLO SOBRE "A PAZ"

Os alumnos de 3º de primaria recollen información na BIBLIOTECA a través dos libros e das novas tecnoloxías sobre Mahatma Gadhi e sobre  a Madre Teresa de Calcuta quenes contribuiron na loita por un mundo máis digno, máis tolerante, máis igualitario, máis xusto,....... para todos.
Coa informacion acadada deron resposta ás enquisas que se lles plantexaban no .seu caderniño sobre "A PAZ".
Quedáronse con esta reflexión:"A nosa recompensa atópase no esforzo e non no resultado. Un esforzo total é unha victoria completa".  (Mahatma Gandhi)

jueves, 26 de enero de 2012

a jugar con la geometria



         Los alumnos de 3º de primaria acaban de descubrir que las matemáticas también son divertidas.Jugando con los GEOPLANOS aprenden: líneas,ángulos,simetrias y figuras planas.